jueves, 29 de diciembre de 2016

Costumes de Nadal: España, Italia, Reino Unido e Irlanda.

Ao longo destes días irei subindo os traballos de investigación acerca dos "Costumes do Nadal no mundo", que mellor momento para compartir esta información tan interesante?

Pulsa sobre o mapa para ver en grande os países mencionados neste post.


ESPAÑA: Comezamos cun costume moi arraigado no noso país, aínda que se atopa extendido polo mundo: poñer a árbore de Nadal. Alba Bra amósanos o seu, con tren e todo!, mediante fotos e vídeos. Canto traballiño hai aquí!








Daniel atopou esta impresionante foto dunha decoración de Nadal con moitas luces:


Guillermo tamén nos recorda o costume de poñer o Belén e cantar panxoliñas co acompañamento de pandeiretas e zambombas:




ESPAÑA: CATALUÑA: Mateo Díez amósanos o costume do Tió de Nadal, hai que alimentalo ao tempo que cantamos unha canción popular (que non fun quen de compartir con vós, podedes buscala en internet), para que en Noiteboa nos traia agasallos.







ITALIA: Alba Benítez e Noa Vázquez fálannos da Vella Befana ou a Meiga Befana. A noite do 5 de xaneiro chega en vasoira ás casas dos nenos italianos. Se estes foron bos, lévalles xoguetes e doces pero se se portaron mal, regálalles carbón, cebolas ou allos.




Martín e Noa López coméntannos que mentras que en España, en Noitevella tomamos uvas, os italianos comen lentellas para entrar con bo pé no seguinte ano.



REINO UNIDOCarla cóntanos que en Reino Unido reciben postais de Nadal, que chaman Christmas Card, e que colgan dun cordel nun lugar importante ou na cheminea. Tamén nos fala acerca dos Christmas Crackers (podemos ver un na seguinte foto). Sentados á mesa collen entre dous comensais un cracker polo extremo, formando deste xeito, unha cadea de brazos, tiran del e un deles queda co agasallo que hai no seu interior.





IRLANDAAsier cóntanos que en Irlanda danse un baño súper, súperfrío. Brrr...


  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos todo isto!

No hay comentarios:

Publicar un comentario