sábado, 29 de noviembre de 2014

Esquema vertebrados

Para que repasedes... Aquí vos deixo o "molde" para facer os esquemas dos vertebrados. Recordade que o tedes que ter na vosa libreta 5 veces: peixes, anfibios, réptiles, aves e mamíferos. Moi moi útil para a proba deste luns...
Pincha sobre a imaxe para vela en grande.


miércoles, 19 de noviembre de 2014

Como son os vertebrados?

Nesta ocasión, e aproveitando que esta mañá estivemos con vertebrados mamíferos, disfrutaremos dos vídeos de Óscar Alonso (mil gracias!):

ANFIBIOS E PEIXES


AVES E RÉPTILES



MAMÍFEROS

martes, 18 de noviembre de 2014

QUE BOSQUES!

Xa que vos interesa, déixovos a información coa que estivemos traballando sobre os 10 bosques máis importantes e os máis raros:


Pincha para ver: 10 BOSQUES MÁIS IMPORTANTES.


OS 10 BOSQUES MÁIS RAROS

sábado, 15 de noviembre de 2014

O NOSO BOSQUE

Ía publicar este post mañá pero... non podo esperar! Teño moitas ganas de amosarvos o resultado do voso traballo relacionado co proxecto do bosque. Que vos parece? Contádeme nos comentarios!

 
O BOSQUE É 

O bosque é grande, 
bonito e agradable.

Sobreiras e landras,
follas e ramas.

Moitas landras 
e todos os anos
cambia e cambia.

Altos e baixos,
finos e amplos.

Castaña e folla,
árbore e rama,
todo agradable e
todo cambia.

Todas as árbores,
rugosas e grandes.

Escóitanse paxaros
bonitos e cántanlles 
ao bosque.

Olores da natureza,
o bosque é.

Por Samara.



VÍDEO "NOSO BOSQUE"






AVISO!

Algúns de vós tedes problemas para ver os vídeos aloxados en Youtube. Entendo que seguramente vos salten os seguintes avisos:
"Se necesita un plugin para mostrar este contenido.
Instalar plugin".

"Es necesario actualizar Adobe Flash Player para ver este vídeo.
Descárgalo en la página de Adobe".

Ao mesmo tempo na parte superior á dereita da páxina de Youtube aparecerá o seguinte aviso: 
"Se necesitan plugins adicionales para mostrar todo el contenido de esta página".
E nun recadro: "Instalar los plugins que faltan". PINCHA AHÍ E SIGUE AS INSTRUCCIÓNS.

Calquera dúbida consultádema nos comentarios.

Plans para esta fin de semana: museos + web de Gatocan

Casa das ciencias

Queredes un plan para esta fin de semana? Aínda podedes aproveitar ata o domingo incluído a entrada gratuíta á Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. Isto inclúe entrada ás salas e as súas actividades, incluindo proxección do Cine 3D na Domus e as sesións do Planetario da casa das Ciencias.
Ademais, recordade que a entrada sempre é gratuíta no Muncyt.

Preparándovos para a saída a Gatocan? Podedes curiosear un pouco na súa web, podedes ver as fotos dos cans e os gatos que teñen en adopción no apartado "Os nosos animais".

sábado, 8 de noviembre de 2014

El alien patoso

¡Pongámosle al mal tiempo buena cara, con este corto que me recomendásteis y con el que nos reímos tanto!

Andrey García.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Reporteros: ¡a la caza de la mejor entrevista!

¿Preparando las preguntas para vuestras geniales entrevistas? Aquí os dejo un poco de inspiración pero tened en cuenta que siempre es mejor ser creativos...

PINCHA EN LA FOTO PARA VER LA ENTREVISTA DE PACO LEÓN (LUISMA):

PINCHA EN LA FOTO PARA VER LA ENTREVISTA DEL HOMBRE DE NEGRO (EL HORMIGUERO)
http://www.20minutos.es/entrevistas/el-hombre-de-negro/415/

martes, 4 de noviembre de 2014

Xogamos cos invertebrados!


  Xa aprendimos algunhas características e a clasificación dos animais invertebrados, que tal uns xogos a modo de repaso?

Pincha sobre o equinodermo para repasar información acerca de animais invertebrados.

http://www.juntadeandalucia.es/averroes/recursos_informaticos/proyectos2004/la_tierra/invertebrados/indexinvertebrados.html
Pincha sobre o molusco cefalópodo para atopar información básica para facer esquemas e estudar máis facilmente.
http://catedu.es/chuegos/kono/quinto/t3/animales.swf


 Pincha sobre o artrópodo arácnido para xogar aprendendo sobre artrópodos:


Gracias aos compañeiros de ARASAAC e do CEIP Joaquín de Carrión.

domingo, 2 de noviembre de 2014

Que podemos aprender acerca das estrelas de mar e as medusas?

Imos intentar atopar resposta ás preguntas tan interesantes que vos fixestes acerca destes equinodermos e celentéreos.

Acerca da reproducción das estrelas de mar non fun quen de atopar un vídeo que me gustara. Expoño aquí algo de información que pretende aclarar algunhas das dúbidas.

A reproducción das estrelas de mar pode ser...
Sexual:
As estrelas do mar soltan os óvulos e os espermatozoides no mar, por iso a fecundación (fusión do óvulo co espermatozoide) é bastante complexa. Para aumentar as posibilidades de fecundación as estrelas xúntanse nunha mesma zona para desovar ao mesmo tempo. Algunhas estrelas producen espermatozoides e óvulos a un tempo!

Asexual:
Sen necesidade de óvulos ou espermatozoides. Poden rexenerar un brazo perdido ou incluso desenvolver unha nova estrelamar a partires dese brazo partido.

Antes de chegar a forma coa que coñecemos ás estrelas de mar pasan por distintas etapas:
1. A larva de estrela de mar flota libremente. Aseméllase a unha medusa diminuta.
Imaxe de "Pequeños exploradores del planeta azul"
2. Pasa a ser algo así coma unha campá invertida.
3. Vai adoptando a característica forma de estrela.
4. Vive no fondo, busca onde agocharse e crece lentamente.
5. Tras dous anos remata o seu crecemento e acada a súa madurez sexual.

 No seguinte vídeo podemos observar como se despraza unha estrela de mar:
Gustavito reef
Alguén preguntaba se eran carnívoras, claro que si! Ollade con que voracidade se alimentan!
Un Cuomo

Espero que as vosas dúbidas acerca das medusas sexan resoltas coa axuda deste vídeo:
Huitaka facatativa